Un ano máis o Concello de Gondomar súmase ao “Proxecto Ríos” en colaboración con ADEGA, a través do noso voluntariado medioambiental e que reforza o noso compromiso coa protección e o coidado do patrimonio natural e o medio ambiente.
Será o domingo 25 de Setembro a partir das 10:30 h e o punto de encontro establécese na ponte de Ánimas.
Acude e colabora no mantemento dos nosos ríos!