O Concello de Gondomar rematou a instalación de dúas caldeiras de biomasa no edificio do Auditorio Municipal Lois Tobío, para a producción de calor para calefacción, logo da retirada da obsoleta caldeira de gasóleo.

Cunha potencia total de 128 kW, esta tecnoloxía alimentada con pellets permitirá un importante aforro tanto económico como de emisión de gases contaminantes, xa que con esta instalación se evitará enviar a atmosfera máis de trinta toneladas de CO2 ao ano.

Este proxecto cun importe total de 58.927 euros foi cofinanciado polo Concello de Gondomar e o INEGA da Xunta de Galicia a través de fondos europeos FEDER.

 

Novas

XXXVI FESTA DA BICICLETA DO VAL MIÑOR

Os concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona celebran unha nova edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor, unha marcha cicloturista non competitiva e aberta

Axenda

Non se atopou ningún evento!