Un ano máis o Concello de Gondomar organiza o CAMIÑO DO IRMANDAMENTO, unha ruta ciclista que unirá a nosa vila con Gondomar (Portugal)
A ruta cun percorrido total aproximado de 150 quilómetros, terá lugar os días 8 e 9 de Outubro.
A saída dende a Praza da Paradela está prevista para o día 8 ás 09:00 horas cunha parada en Viana do Castelo para xantar, e chegada ao destino da primeira etapa en Póvoa do Varzim ás 17:00 h. (hora local).
O domingo 9 a saída será ás 09:00 horas e terá un percorrido de 45 quilómetros chegando ao destino final na Cámara de Gondomar ás 12:00 horas.
Tras unha recepción oficial, un xantar e unha pequena visita á vila portuguesa, o regreso está programado para as 19:00 horas.
É obrigatorio o uso de casco, roupa e calzado adecuados, e un kit de reparación de pinchazos.
En todo momento o pelotón irá acompañado por varios vehículos de apoio. Ademáis todos os participantes terán a disposición aprovisonamento variado, así como un chaleco reflectante e un kit de primeiros auxilios, tendo asimesmo a cobertura dun seguro de asistencia en viaxe.
O prazo de inscrición remata o día 3 de outubro ás 14:00 horas.
Inscrición en: [email protected]
Máis información: 986 384 020
Prazas limitadas (con preferencia para empadroados en Gondomar)
Esta actividade está financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra