O Concello de Gondomar abre o prazo de inscrición para unha nova edición
do Concurso de Decoración de Nadal.
Establécense dúas categorías, a primeira está destinada ao pequeno
comercio local, no que se poderá decorar o interior de calquera local
comercial, o exterior ou os escaparates, con iluminación ou elementos de
ornamentación.
A segunda categoría, aberta a toda a veciñanza de Gondomar, premiará a
mellor decoración en vivendas particulares, con duas subcategorías;
decoración de ventás ou balcóns e vivendas unifamiliares e xardíns.
Para poder optar aos premios a decoración tanto nos comercios como nas
vivendas deberá permanecer instalada a lo menos dende o 2 de decembro
ata o 7 de xaneiro.
O Concello repartirá un total de 1.000 euros en premios, para gastar no
comercio local de Gondomar, cun primeiro premio de 200 euros e un
segundo premio de 100 euros en cada unha das categorías convocadas.
Ademáis entre todos os participantes da categoría de viviendas levarase a
cabo un sorteo de duas tarxetas prepago por valor de 50 euros cada unha
para consumir no comercio local de Gondomar.
O xurado terá en conta diferentes aspectos na súa valoración como a
temática, a orixinalidade, a utilización de materiais reciclados, a iluminación
ou a extensión ocupada para determinar aos gañadores.
Todos aqueles establecementos comerciais ou particulares interesados en
participar teñen a sua disposición toda a infromación e as bases do
concurso na web municipal: concellodegondomar.gal
BASES CONCURSO DECORACIÓN FIRMADAS
ANEXO INSCRIPCIÓN 23
DESCARGA AS BASES: AQUÍ
DESCARGA O FORMULARIO DE INSCRICIÓN: AQUÍ