O Concello de Gondomar, acendeu xa ás luces de nadal. O alcalde Paco Ferreira foi o encargado de pulsar o botón co que o concello do val miñor arranca un nadal cheo de actividades pensadas para toda a familia.
Nunha praza Paradela ateigada, o alcalde deu comezo ao nadal de Gondomar acendendo a decoración luminosa de rúas e prazas, que este ano gaña en numero de puntos de luz e de elementos decorativos.
Un ano máis o elemento máis fotografiado e visitado será sen dúbida a árbore vermella que xa se converteu nun símbolo identificativo do nadal gondomareño.
Asimesmo na Praza Paradela, diante da casa do Concello instalouse un photocall para que nenos e maiores poidan ter un recordo da súa visita a Gondomar.
O alcalde Paco Ferreira destacou que “Gondomar xa é un referente no nadal en Galicia, con decenas de actividades culturais, deportivas e de lecer, pensadas para toda a familia”
Outro dos atractivos máis destacados do nadal en Gondomar e sen dúbida algunha o Belen Artesanal en Movemento, que en palabras do propio rexedor local “ é unha obra de arte en movemento, e sen dúbida ninguen deberá perder a oportunidade de visitalo”. Este belén que este ano gaña en espacio e numero de figuras e elementos foi inaugurado coa presenza o bispo de Tui-Vigo, D. Luis Quinteiro Fiuza, que non quixo perderse a oportunidade de contemplar esta gran obra artesanal.
Un dos principais atractivos deste nadal en Gondomar é a sua Pista de Xeo Natural, situada nunha carpa instalada na Pista Polideportiva de A Feira e que será coordinada polo Clube de Patinaxe de Gondomar a través dun convenio de colaboración que ademáis permitiu que esta entidade deportiva puidera asistir ao último campionato do mundo celebrado en Arxentina.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
O alcalde Paco Ferreira tamén presentou hoxe o programa completo de actividades que se levarán a cabo durante este nadal e que baixo o nome de “Gondonadal” inclue máis de 25 actividades culturais, deportivas, solidarias e de lecer.
Así o sábado día 3 inaugurouse a pista de Xeo que permancerá aberta ata o día 8 de xaneiro na pista de A Feira, ao lado do pavillón municipal de deportes.
Xa pola tarde no salón de plenos celebrouse un acto con motivo do día da discapacidade en colaboración co Centro Aprehendo e posteriormente abriu ás suas portas o Belén Artesanal en movemento, ao que despois seguiu un concerto do Coro San Vicente de Mañufe no Audotorio Lois Tobío.
Como colofón á xornada do celebrouse o acto de acendido da iluminación de nadal.
O domingo 4 a programación continuou cun Festival de Danza no auditorio Municipal así como un torneo de tenis de nadal.
Xa o 9 de decembro inauguraráse a exposición de árbores de nadal no antiguo matadoiro municipal, onde 10 colexios e asociacións de Gondomar decorarán árbores con elementos reciclados.
Os días 10 e 11 de decembro na Praza Paradela e nas suas rúas aledañas e durante todo o día celebrarase un mercadiño para o que xa hai confirmada a presenza de máis de 40 postos de artesanía, regalos, artículos de nadal e comida. Ademáis este mercado estará amenizado por un grupo de música en directo cada un dos dous días. Ademáis o sábado 10 haberá un magosto no que se repartirán máis de 200 kilos de castañas asadas de maneira gratuíta.
O 16 de decembro no auditorio municipal a Escola de Música Sonbeat ofrecerá os seu concerto de nadal.
O 17 e tamén no auditorio municipal será o turno no teatro coa representación da obra “Política Sentimental”.
O día 18 chega a Gondomar unha das citas clásicas do nadal a “Ruta Motera de Papanoeles” que este ano chega a sús decimoterceira edición e que terá a súa saída e chegada en Gondomar.
Gondomar recibirá o día 23 a partir das 16 horas a visita de Papanoel para recoller as petición das nenas e nenos de Gondomar e seguidamente a Banda da Agrupación Musical de Vincios ofrecerá os eu tradicional concerto de nadal.
O goberno de Gondomar e consciente das dificultades de pais e nais para a conciliación da vida laboral e familiar nestas datas de vacacións de nadal e por tanto una no máis celebra o seu campus multideporte, que ademáis ten un fin solidario coa recadación de alimentos para o Banco de Alimentos Municipal. Celebraráse do 26 ao 29 de decembro no Pavillón Municipal Bernabé Costas.
O día 28 será o turno das corais de Gondomar que teran o seu espazo no Auditorio Los Tobío coa celebración do Certame de Nadal.
O penúlitmo día do ano, as rúas de Gondomar encheránse de música coa actuación da Rondalla de Vincios que percorrerá as rúas da vila.
Para rematar o ano, o día 31 Gondomar recibirá a visita do Apalpador, unha personaxe do nadal máis tradicional de Galicia.
As actividades retomaránse o 3 de xaneiro cunha Feta Infantil no Pavillón Municipal onde nenos e nenas poderán desfrutar de inchables, obraodiros e moitas outras actividades.
O días 5, como xa é habitual serán os reis magos os que visiten Gondomar, coa sua cabalgata, que promete como cada ano ser espectacular.
O día de Reis, 6 de xaneiro volve unha das citas ineludibles do calendario en Gondomar. Trátase do tradicional Certame de Rondallas de Reis, o máis antiguo de Galicia e que está a seguir os pasos para converterse máis pronto que tarde en Festa de Interés Turístico de Galicia, xa que este certame reúne en Gondomar a miles e miles de persoas.
O día 7 levarase a cabo o sorteo da campaña de apoio ao comercio local que o Concello desenvolverá durante todo o nadal. Sorteránse 3.000 en premios entre todos aqueles que efectúen compras no comercio local por valor de máis de 5 euros.
Para rematar esta extensa programación de nadal, o 8 de xnairo é o turno da danza, co festival Ldanzia no auditorio municipal.