A 4ª edición do Calendario de Igualdade que edita o Concello de Gondomar, estará dedicado este ano 2023 a 12 mulleres de Gondomar, destacadas pola súa traxectoria vital.
A través da edición dun calendario o Concello de Gondomar quere por en valor a vida profesional e persoal de 12 mulleres, algunhas delas xa falecidas que son, ou teñen sido, referentes en diferentes ámbitos.
Este almanaque, que chega a súa 4ª edición, adica o mes de xaneiro no que estamos, a Esther Estévez Cortegoso, que foi unha das primeiras mulleres en acadar o divorcio, despois da aprobación da lei no ano 1981.
Ao longo dos doce meses establécese un percorrido pola vida e a traxectoria de doce mulleres destacadas, como a protagonista do mes de Febreiro, Rosalía Alonso, que con 60 anos aprobou as oposicións de Correos, pero que leva toda unha vida vencellada a un oficio, o de carteira, que herdou do seu pai.
Neste calendario mestúranse mulleres ainda en activo, con outras xa retiradas da sua profesión, ou outras xa falecidas, e que serán os seus familiares os que nos axuden a poñer en valor a súa memoria.
O acto de presentación que terá lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío, este sábado 14 de xaneiro a partir das 18:00 horas, estará presidido polo alcalde Paco Ferreira, contará coa participación das propias homenaxeadas, dos seus familiares, amigos e veciños, que non queren perderse a oportunidade de birndarlles unha homenaxe máis que merecida.
O rexedor local Paco Ferreira, afirmou que “a edición deste calendario e o acto que imos a celebrar este sábado é unha homenaxe non so a estas 12 grandes mulleres e ás súas familias senón que tamén e unha homenaxe a todas ás mulleres de Gondomar, que en moitos casos silenciadas pola sua condición de muller, fixeron posible que Gondomar sexa o que é hoxe. Dende o goberno local seguiremos facendo o necesario para darlles visibilidade e seguiremos a loitar por unha sociedade máis igualitaria”
“Gondomar xa é un referente nas políticas de igualdade e no seu apoio ás mulleres e seguiremos a traballar arreo para que o siga sendo”