Trátanse duns paneis informativos onde ademáis da recollida selectiva de residuos, se publicitarán actividades e eventos do Concello de Gondomar, con capacidade de 224 litros diferenciados en 7 tipos de residuos:
– Discos Compactos (CDS e DVDS).
-Cartuchos de impresora de inxección
-Teléfonos Móbiles.
– Pilas (convencionais, alcalinas, botón e baterías).
-Produtos Electrónicos tipo RAEE (cargadores móbiles, auriculares, etc.).
– Lámpadas de baixo consumo.
– Cápsulas de Café.
Este proxecto está cofinanciado polos fondos do Programa de economía circular e o Plan de impulso ao medio ambiente – PIMA residuos, a través da Consellería de Medio ambiente Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Vicepresidencia Terceira e o Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno de España.