O Concello de Gondomar ven de iniciar contactos con todas as comunidades de augas da vila para analizar a situación das súas instalacións, e así poder axustar de forma pormenorizada e personalizada as necesidades de cada unha delas, co fin de garantir que todos os usuarios poidan dispoñer dun servizo de calidade, e de auga con todas as garantías sanitarias.

 

Esta iniciativa ponse en marcha a través dunha colaboración entre o Concello de Gondomar e COXAPO, quenes través dos seus técnicos será quen ofreza ás diferentes comunidades o asesoramento para acometer as actuacións necesarias para a mellora dos seus servizos.

Unha vez analizada a situación de cada unha delas posteriormente o Concello porá en marcha unha liña de axudas para que as entidades que xestionan as augas poidan acometer as obras necesarias.

 

Dende o goberno local faise un chamamento para que aquelas comunidades de augas que queiran adherirse a este servizo, como paso previo á solicitude da liña de axudas que se porá en marcha, unha vez coñecidas ás súas necesidades, se poñan a disposición dos técnicos e do Concello unha vez reciban a comunicación que se lles está a enviar, onde se lles explica o procedemento. No caso de que algunha comunidade non reciba esta comunicación poden poñerse en contacto directamente co concello por vía telefónica para concertar unha visita dos técnicos de COXAPO xunto aos representantes municipais.

O alcalde Paco Ferreira sinalou que “con esta campaña que poñemos en marcha, xunto a COXAPO a quenes agradecemos enormemente a súa colaboración, o noso obxectivo e por unha banda coñecer de forma exacta a situación da rede de abastecemento que depende das comunidades de usuarios, e por outro lado axudarlles a ofrecer un mellor servizo e así garantir que toda a auga consumida na nosa vila sexa da mellor calidade posible e conte con tódalas garantías sanitarias”

Novas

FESTAS DE SAN BIEITO

Do 10 ao 13 de xullo, o Concello organiza por segundo ano consecutivo as FESTAS DE SAN BIEITO Consulta toda a programación  AQUÍ Visualiza o

DISPOSITIVO DE TRÁFICO POR CORPUS CHRISTI

Con motivo da elaboración das tradicionais Alfombras Florais do Corpus Christi, o Concello de Gondomar activará un dispositivo especial de tráfico que afectará a varias

Axenda

No event found!
Cultura

FESTAS DE SAN BIEITO

Do 10 ao 13 de xullo, o Concello organiza por segundo ano consecutivo as FESTAS DE SAN BIEITO Consulta toda a programación  AQUÍ Visualiza o

Leer más »
Cultura

VIAXE ILLAS CIES

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, organiza VIAXE ÁS ILLAS CIES o próximo sábado 5 de xullo Saída ás 09:30 do 

Leer más »