O CONCELLO DE GONDOMAR ASINARÁ UN CONVENIO DE CESIÓN DAS AULAS DA ANTIGA ESCOLA AO “MOVEMENTO VECIÑAL DA ESCOLA DE SAN CIBRÁN” EN DONAS.

O Concello de Gondomar e o recentemente creado “Movemento Veciñal da Escola de San Cibrán”, na parroquia de Donas, asinarán un convenio polo cal o Concello cederá o uso das aulas da antiga escola para ás actividades organizadas por este colectivo.
O obxectivo do goberno local con esta cesión é o reforzo do tecido asociativo en todas as parroquias do municipio e potenciar as actividades culturais, deportivas, formativas e de ocio que esta asociación levarán a cabo.
O concello xa realizou algunhas melloras nas instalacións da antiga escola para que este movemento veciñal poida realizar as súas actividades nas mellores condicións, e proximamente se realizarán outras reformas no inmoble a través dunha subvención solicitada á Deputación de Pontevedra.
O alcalde Paco Ferreira quixo destacar que “é moi importante que dende a administración local se apoie o tecido asociativo da nosa vila, xa sexa no ámbito veciñal, cultural ou deportivo e impulsemos iniciativas tan positivas como a que están levando adiante neste caso veciñas como Mari e Rocío, ou moitas outras que levan años traballando para que este movemento veciñal poida ser xa unha realidade”.

Novas

ALFOMBRAS FLORAIS DO CORPUS

O Concello de Gondomar  abre o prazo de solicitude para participar na confección das Alfombras Florais do Corpus. A participación está aberta a todas as

VI GALA DO DEPORTE

Este sábado 12 de abril, ás 20:00 h, celébrase a VI Gala do Deporte de Gondomar no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda Unha noite

Axenda

No event found!
Cultura

ALFOMBRAS FLORAIS DO CORPUS

O Concello de Gondomar  abre o prazo de solicitude para participar na confección das Alfombras Florais do Corpus. A participación está aberta a todas as

Leer más »
Deporte

VI GALA DO DEPORTE

Este sábado 12 de abril, ás 20:00 h, celébrase a VI Gala do Deporte de Gondomar no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda Unha noite

Leer más »