A obra ” A ILLA DA DESLEMBRANZA” chega ao Auditorio Municipal Lois Tobío, o sábado 21 de outubro ás 19:00 horas da man da compañía Ártika.

 

SINOPSE:

Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?

A Illa da deslembranza da compañía Ártika é un traballo creado a base de metáforas e gran forza visual que achegará aos máis cativos un tema tan importante como o alzheimer. Iso si, este achegamento farase dun xeito fermoso e suxestivo. Unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que axudará tamén a que os máis maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena.

Esta representación enmarcase dentro do ciclo “Tornar ás Táboas” da Deputación de Pontevedra.

A entrada será gratuita ata completar aforo.

 

 

Novas

GONDONADAL

Consulta toda a programación deste Nadal en Gondomar AQUÍ

Axenda