O Concello de Gondomar a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero pon en marcha un curso de 150 horas para á formación en atención ao público, que inclúe materias como o apoderamento para o proceso de procura de emprego, ou a igualdade de oportunidades.
O curso cun total de 15 prazas, terá unha duración total de 150 horas das que 70 serán teóricas, e 80 prácticas en diferentes empresas.
O obxectivo é brindar unha oportunidade a 15 mulleres residentes en Gondomar que pola súa situación teñen dificultades para o acceso ao emprego, mellorando a cualificación e aumentando as súas posibilidades de inserción.
As participantes aprenderán técnicas e habilidades efectivas en relación á atención ao cliente de forma teórica e tamén práctica.
O inicio do curso será o 13 de marzo en horario de 9:30h. a 13:30h e as incricións estarán abertas desde o 27 de febreiro a través do rexistro ou na Sede Electrónica do Concello de Gondomar.
O alcalde Paco Ferreira sinalou que “ desde as administracións temos que facer todo o que esté na nosa man para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres en todos os ámbitos, e este curso é un exemplo das políticas de inserción laboral das mulleres que temos que apoiar e fomentar”
Máis información no Centro de Información á Muller nos teléfonos 986389355 ou 986360224 ou no correo electrónico: [email protected]