Concello de Gondomar e “Aldeas Infantiles” asinaron hoxe a renovación por segundo ano do convenio de colaboración para a continuación de “Acompáñame”, un programa de intervención socioeducativo para a infancia e a adolescencia, que no ano 2023 estableceu un aula de proximidade en dependencias municipais.

 

Trátase dun programa de atención integral para nenos, nenas e adolescentes, principalmente aqueles que se atopan en situación de risco de exclusión social ou especial vulnerabilidade, de entre os 6 e os 17 anos, a través dun centro de proximidade especializado, divididos en grupos de 8 menores por aula que reciben axuda e asesoramento en areas como a formación socio-educativa, apoio psicolóxico, resolución de problemas, autonomía persoal ou sentido de propósito e de futuro.

Cando así o precisan os menores reciben tamén axuda nas tarefas derivadas dos seus centros escolares, fomentando bos hábitos de estudo así como un programa de ocio e tempo libre e participación en proxectos comunitarios.

A través deste convenio o Concello fai unha aportación de 15.000 euros, e facilita o espazo e toda a loxística necesaria (auga, luz, acceso a internet…) así como a colaboración do persoal do departamento de Benestar Socia,  para o correcto desenvolvemento deste programa.

 

Paco Ferreira alcalde de Gondomar subliñou que “este programa que puxemos en marcha o ano pasado, sirve para a integración social de menores, nalgúns casos pertencentes a familias desestruturadas ou con graves problemas sociais ou económicos, que precisan de axuda para o seu mellor desenvolvemento”. “Agradecemos enormemente o traballo de Aldeas Infantiles en favor dos nenos e nenas máis vulnerables”. “É fundamental que as administracións, neste caso o Concello aposte por programas deste tipo que permitan que todos os nenos e nenas de Gondomar poidan acadar unha integración social plena independentemente da súa situación económica ou familiar, e sen dúbida este servizo seguirá sendo unha gran ferramenta para acadar ese obxectivo”

 

 

 

 

 

Novas

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

FESTA PRE FIN DE ANO EN GONDOMAR

O Concello anima a toda a veciñanza a participar na Festa Pre-Fin de Ano, nun ambiente festivo pensado para todas as idades, que terá lugar

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

Leer más »