A inversión de máis de 18.000 euros foi financiada entre o Concello e o Grupo de Desenvolvemento Rural Ria de Vigo e Baixo Miño a través de fondos FEDER

 

Esta mañá o alcalde de Gondomar, acompañado de Sandra González, presidenta do GDR e Eurural, e membros do goberno de Gondomar inauguraron esta mañá o novo Observatorio de Aves da Xunqueira-Borreiros no concello de Gondomar.

 

O oxectivo desta nova infraestructura, accesible a persoas con diversidade funcional, é a posta en valor dun espazo cun alto valor mediomabiental.

Para isto se dotou a este observatorio  de accesibilidade universal e conta coa implantación de TIC´s (Tecnoloxías da Información e Comunicación) para a interpretación dos elementos e singularidade do patrimonio natural da Xunqueira de A Ramallosa.

 

Estas TIC´s son unha audioguía interpretativa, unha guía virtual de aves, o enlace para a descarga dunha guía de aves mariñas e un enlace cun mapa nteractivo do espazo natural. Os paneis conteñen tamén información en sistema Braille así como siluetas en relevo dos distintos tipos de aves acuáticas observables para coñecelas mediante o tacto.

 

O deseño do observatorio obedece a unha instalación de accesibilidade universal de forma que sexa útil para todas as persoas independentemente da súa capacidade física, sensorial ou cognitiva para que todos os interesados nas aves e na natureza e a súa conservación poidan gozala e estudala.

Aínda que o termo accesible a miúdo asóciase especificamente co acceso para persoas con discapacidade, tamén inclúe ás persoas maiores e nenos pequenos. Por tanto, facer que os observatorios sexan universalmente accesibles é valioso para todos, e non só para as persoas con limitacións físicas.

Cabe sinalar que as persoas cegas tamén poden utilizar con éxito este observatorio de fauna xa que poden gozar dos cantos e voces das aves e os sons xerais da natureza. Agregar instalacións con Braille mellora a súa experiencia. Os paneis tamén contan con siluetas en relevo dos distintos tipos de aves acuáticas observables para coñecelas mediante o tacto.

 

Este novo observatorio está construido en madeira tratada para minimizar ao máximo o seu impacto visual e conta cunha zona de aparcamento totalmente accesible.

 

No acto de presentación a Presidenta do GDR14, Sandra González destacou que “con este observatorio se cumplen dous dos obxectivos que ten o GDR, por un lado a posta en valor do noso medio ambiente, e por outro lado a construcción dunha infraestrutura totalmente accesible a persoas con diversidade funcional, o que permitirá que calquera persoa poida coñecer o patrimonio natural deste entorno”

 

O alcalde Paco Ferreira, agradeceu “ao GDR14 e singularmente a súa presidenta ter elexido Gondomar para levar a cabo esta actuación que sen dúbida permitirá que tanto a cidadanía de Gondomar e do Val Miñor como aqueles que nos viisten poidan coñecer moito mellor a riqueza deste entorno” O rexedor aproveitou para “pedir ao resto de administracións, Xunta, e concellos do Val MIñor que “afrontemos entre todos e de maneira decidida a recuperación do Estuario de A Foz, polo seu inmenso valor medioambiental”

 

Novas

GONDONADAL

Consulta toda a programación deste Nadal en Gondomar AQUÍ

Axenda