O Concello de Gondomar conmemorará o Día de Rosalía De Castro cun evento especial no que a maxia e a literatura galega irán da man. A celebración contará coa actuación do Mago Teto, a través do programa +escénicas da Depuración de Pontevedra, que presentará o seu espectáculo As Nosas Letras, unha proposta innovadora que combina ilusionismo e narración para homenaxear entre outros a figura e a obra de Rosalía de Castro.

O acto terá lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío o domingo 23 de febreiro ás 19:00h onde a veciñanza poderá gozar dun evento único no que a palabra e a fantasía se fusionan para achegar a literatura galega a todos os públicos. A través da súa maxia, o Mago Teto dará vida á esencia de Rosalía, lembrando o seu legado dun xeito sorprendente e dinámico.

Desde o Concello de Gondomar convidamos a toda a cidadanía a participar nesta xornada especial, que terá entrada de balde ata completar o aforo, reafirmando así o compromiso coa cultura galega e coa difusión da obra dunha das figuras máis importantes da nosa literatura.

 

Novas

A Teteira de Kabul

A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar

TRUCO OU TRATO EN GONDOMAR 

Este 31 de outubro vive o Samaín polas rúas de Gondomar! Os comercios locais xa teñen os seus establecementos decorados para a ocasión e colaboran

Axenda

No event found!
Cultura

A Teteira de Kabul

A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar

Leer más »
Comercio

TRUCO OU TRATO EN GONDOMAR 

Este 31 de outubro vive o Samaín polas rúas de Gondomar! Os comercios locais xa teñen os seus establecementos decorados para a ocasión e colaboran

Leer más »