Con motivo das festas do Nadal, a Rondalla de Chaín compartirá o seu repertorio musical polo municipio.
Ao longo dos próximos días, a agrupación actuará nas parroquias de Peitieiros, Gondomar e Morgadáns, co obxectivo de manter viva unha tradición profundamente arraigada na comarca.
As actuacións terán lugar nas seguintes datas:
-
13 de decembro: Parroquia de Peitieiros
-
14 de decembro: Gondomar
-
3 de xaneiro: Parroquia de Morgadáns
Máis información: AQUÍ.




