O Concello de Gondomar informa de que xa está aberto o prazo para solicitar autorizacións para a realización de cacharelas e sardiñadas, tanto públicas como privadas, con motivo da celebración da Noite de San Xoán, o vindeiro 23 de xuño de 2025.

As persoas, colectivos ou asociacións interesadas deberán presentar a solicitude correspondente, segundo o modelo oficial dispoñible, presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica.

Prazo límite para presentar solicitudes:
Ata as 00:00 horas do día 20 de xuño de 2025 para as celebracións de San Xoán.
(Para as de San Pedro – noite do 28 de xuño – o prazo será ata o 25 de xuño).

 

DOCUMENTACIÓN DE INTERESE   AQUÍ

 

 

 

Novas

Axenda

No event found!
Load More