Este ano 2026 baixo o lema “ Un libro aberto unha mocidade esperta” regresamos co programa de fomento lector á mocidade.

Dende o Concello de Gondomar e por quinto ano queremos promover un tempo dedicado á lectura e a través do programa “Abrindo Portas” e da man de @libraida e @elrincondenubia. Mes a mes en torno a unha temática suxeriremos libros de onte e de hoxe que esperten a curiosidade lectora da mocidade. A nosa conta de Instagram @omixgondomar transformarase nun escaparate onde, o último venres do mes,  a mocidade pode atoparse con novas historias, temas relevantes ou momentos de desconexión.

Nun mundo cada vez máis dixitalizado e acelerado, a lectura sigue sendo unha das actividades máis enriquecedoras para o desenvolvemento intelectual e emocional das persoas. Un libro aberto non só entretén, tamén esperta mentes fomentando a creatividade e fortalecendo habilidades esenciais . Nun contexto onde a información é abundante pero a miúdo superficial, fomentar o hábito da lectura é mais importante ca nunca

 

Anotade o venres 27 de febreiro, mitos do amor romántico, ciúmes, control, espionaxe no ideario do amor adolescente.

Un libro aberto convértese  nunha ferramenta para espertar mentes e transformar.

 

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »