As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito.
A saida será a partir das 17:00 horas dende o Pavillón Municipal Bernabé Costas para percorrer as principais rúas de Gondomar para finalizar na Praza Paradela onde terá lugar a recepción oficial.
- PERCORRIDO: Pavillón Municipal Bernabé Costas, Avenida da Feira , Avenida Elduayen , Rúa Rosalia de Castro , Rúa Otero Pedrayo , Rúa Ángel Urzaiz , Rúa Manuel Losada , Rúa San Bieito , Rúa As Pereiras , Avenida Conde de Gondomar e Praza Paradela.

- En caso de choiva, só se realizará a recepción das SS.MM. os Reis de Oriente no Pavillón Municipal.
- Máis información AQUI




