Unha vez aprobadas as bases do “Programa de Vivendas Baleiras”, dáse por rematado o proceso administrativo iniciado a finais do de 2015 e, en consecuencia, queda aberta a fase de incorporación de vivendas baleiras ao mesmo. Dende o Concello de Gondomar animamos ás persoas propietarias de vivendas baleiras a se incorporar ao devandito programa, entre outras razóns porque favorece que moitas persoas poidan acceder a unha vivenda digna, porque axuda a fixar poboación, sobre todo xoven, en Gondomar, porque conta coas garantías e respaldo do IGVS e do propio Concello, etc. Velaí a documentación necesaria para poderse adherir, que en resumo é a seguinte: 1. Anexos: modelos de solicitudes de alta da vivenda, de demandantes da vivenda, de contrato e modelo orientativo de informe técnico 2. Modelo de póliza de seguros coas coberturas para as vivendas e documento informativo dos protocolos de actuación coas compañías de seguros. 3. Fichas de comunicación polo concello de altas da vivenda e dos contratos. 4. Códigos do concello (para cubrir as fichas de comunicación) Esta documentación tamén poderá consultala na páxina web do IGVS, no seguinte enlace: http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/861 Así mesmo por indicación das compañías de seguros indícase a oportunidade de ter en conta as seguintes cuestións: 1. Os danos na vivenda detectados unha vez desocupada deberán ser comunicados nun prazo máximo dunha semana dende a data de desocupación da vivenda, á compañía de seguro do fogar (seguros Bilbao). E por suposto, a póliza debe estar en vigor na data da desocupación. 2. No informe técnico da vivenda previo á ocupación, para facilitar a resolución dos sinistros, serán necesarias fotos de: chan, paredes, cociña: especialmente encimeiras e cociña, e baños: especialmente o estado de louzas e sanitarios. 3. No caso de que a persoa inquilina desocupe a vivenda sen ter entregado as chaves, a persoa propietaria terá que avisar ao seguro de impagos (ARAG) antes de entrar na vivenda. 4. Os impagos na vivenda hai que comunicalos nos cinco primeiros días do mes impagado. En Gondomar, 12 de maio de 2017. Asdo.: Antonio Araújo Quintas. Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda.
Documentación
Descargar ficheiro (1. ANEXO I. MODELO Solicitude Incorporacion-.doc)ANEXO I [Medelo solicitude incorporación]
Descargar ficheiro (2. ANEXO II- MODELO. Inscrición rexistro demandantes -.doc)ANEXO II [Modelo Inscrición rexistro demandantes]
Descargar ficheiro (3. ANEXO III- MODELO. CONTRATO ARRENDAMENTO PVB.doc)ANEXO III [Modelo Contrato arrendamento PVB]
Descargar ficheiro (4. Proposta orientativa INFORME TÉCNICO VISITA INCORPORACION.odt)Proposta orientativa [Informe técnico visita incorporación]
Descargar ficheiro (5. Seguros. - Póliza Seguros Bilbao.pdf)Seguros [Póliza seguros Bilbao]
Descargar ficheiro (6. Seguros. - Anexo póliza Seguros Bilbao.pdf)Seguros [Anexo Seguros Bilbao]
Descargar ficheiro (7. Seguros. - Póliza Impagos. ARAG.pdf)Seguros [Póliza Impagos]
Descargar ficheiro (8. Seguros. - Condicións xerais. ARAG.pdf)Seguros [Condicións xerais]
Descargar ficheiro (9. Procedemento altas e baixas.pdf)Procedemento altas e baixas [Procedemento altas e baixas]
Descargar ficheiro (10. Codigos do concello.pdf)Códigos de Concello [Códigos do Concello]
Descargar ficheiro (11. Comunicación altas Vivendas. Concellos.pdf)Comunicación altas vivendas [Comunicación altas vivendas]
Descargar ficheiro (12. Comunicación altas Contratos.Concellos e Seguros.pdf)Comunicación altas contratos [Concellos e seguros]