Search
Vista do núcleo de O Mosteiro dende a vertente sureste.

 Ref. mdg/A/Urb./Expte. Delimitación núcleo rural Mosteiro/Exp.: 2037/2019

ANUNCIO

De conformidade co disposto no artigo 78.2a) da Lei do Solo de Galicia, do 10 de febreiro, exponse a información pública o expediente de DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL DE O MOSTEIRO na parroquia de Donas, deste termo municipal.

O expediente sométese a información pública polo prazo de DOUS MESES, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderase examinar na Sede Electrónica do Concello de Gondomar (https://concellodegondomar.sedelectronica.gal), na páxina Web (concellodegondomar.gal) ou no negociado de Urbanismo en horario de 9:00h a 13.30h de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 11 de marzo de 2024

O alcalde

Juan Francisco Ferreira González