Menu
Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
A renda de inclusión social de Galicia (RISGA) é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber a participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.
A percepción da RISGA é un dereito subxectivo de acordo coas condicións, requisitos e obrigas regulados na lei.
En canto prestación económica, ten carácter alimenticio, persoal e non transmisible, e non poderá ser obxecto de embargo ou retención nin darse en garantía de obrigas.