Este mércores 9 de Xuño ás 19:00h na Praza da Paradela, terá lugar un concerto completamente improvisado polo coro e a orquestra do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar, da man do contrabaixista de jazz Xacobe Martínez Antelo. O alumnado do centro, antigas alumnas e pais, traballarán xuntos durante dous días co músico de Compostela, no que aprenderán a Linguaxe xestual do Soundpainting, no que a composición e a interpretación serán feitas en tempo real. Unha actividade motivadora e moi divertida para as nenas e nenos, na que participarán como solistas o alumnado do 4º curso, e que poñerán o peche ao final do curso do centro municipal de música de Gondomar. En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio Lois Tobío.

Oa rematar o concerto Xacobe Martinez impartirá un obradoiro de Soundpaiting.

O Soundpainting é unha Linguaxe de signos aplicada áComposición en tempo real. A Directora ou Soundpainter compón ao vivo pezas improvisadas

multidisciplinarmente e de xeito colectivo. Multidisciplinar porque se ben comezou nos anos 70

aplicado á Música, hoxe en día utilízase en case calquer expresión artística: Movemento, Artes

Plásticas e Visuais, Teatro, Literatura, Performance, etc… Nestes obradoiros faremos unha

inmersión lingüística no Soundpainting, descubrindo unha visión absolutamente enriquecedora e

liberadora da Improvisación. Como músico, creador ou artista, o Soundpainting é un punto de

inflexión na forma de relacionarse co instrumento, coa escoita, coa improvisación, cos prexuizos,

límites e bloqueos. Un achádego a todos os niveis, e ademáis, unha das cousas máis divertidas

para descubrir en grupo

Xacobe Martínez Antelo é músico, emprendedor, e activista cultural. (Compostela, 1976).

A traxectoria profesional de Xacobe Martínez Antelo deixa un balance de máis de 40 discos dos

que forma parte como baixista, contrabaixista ou director musical. O seu songbook persoal, só

no eido do Jazz, sobrepasa xa as 70 composicións orixinais; material publicado nas distintas

entregas discográficas que o contrabaixista de Compostela foi deixando polo camiño. O seu

traballo vai dende o Jazz, ó Rock, pasando pola Música Tradicional, o Teatro ou as Músicas do

Mundo. Como líder, é fundador de Sumrrá, Monkillos, Xacobe Martínez Antelo Trío, Cuarteto e

Quinteto, CHaNZo, A Tribu, Martelo, A Orquestra Galega de Liberación ou o Ensemble Liberdade,

e dende hai 20 anos, traballa de xeito estable co Grupo Chévere. Premio nacional de Tetaro

2014.

No terreo Asociativo, foi membro constituinte de Músicas ao Vivo, e fundador de FEMA

(Fed. Española de Músicos Asociados), FMJAZZ (Fed. Estatal de Musicos Profesionales de Jazz)

e a UdM (Unión de Músicos Profesionales).

Ven sendo unha figura imprescindible da escena musical galega dos últimos 20 anos, e á

súa presenza en calquer espazo da nosa xeografía, súmaselle unha traxectoria internacional máis

que considerable; París, Londres, Helsinki, Sudáfrica, Marrocos, Korea, China, Bulgaria, México,

Nicaragua, Honduras, El Salvador, Guatemala, Portugal, Bolivia ou Cuba, avalan a súa carreira

máis aló das nosas fronteiras. No eido da divulgación, ven desenvolvendo concertos didácticos e

clases maxistrais dende hai máis de 15 anos, e para todo tipo de audiencias: músicos

profesionais, estudantes de música, aficionados ó Jazz, rapaces e rapazas de primaria e

secundaria, terceira idade ou colectivos con capacidades diversas. O seu descubrimento do

Soundpainting hai xa máis de 20 anos foi directamente da man do seu creador, Walter

Thompson, co que seguiu formándose ata o día de hoxe. No 2021 convírtese en Certified

Soundpainter.

O Soundpainting é unha Linguaxe de signos aplicada á

Composición en tempo real. A Directora ou Soundpainter compón ao vivo pezas improvisadas

multidisciplinarmente e de xeito colectivo. Multidisciplinar porque se ben comezou nos anos 70

aplicado á Música, hoxe en día utilízase en case calquer expresión artística: Movemento, Artes

Plásticas e Visuais, Teatro, Literatura, Performance, etc… Nestes obradoiros faremos unha

inmersión lingüística no Soundpainting, descubrindo unha visión absolutamente enriquecedora e

liberadora da Improvisación. Como músico, creador ou artista, o Soundpainting é un punto de

inflexión na forma de relacionarse co instrumento, coa escoita, coa improvisación, cos prexuizos,

límites e bloqueos. Un achádego a todos os niveis, e ademáis, unha das cousas máis divertidas

para descubrir en grupo.

Novas

GONDONADAL

Consulta toda a programación deste Nadal en Gondomar AQUÍ

Axenda