ATENCIÓN: O 31 DE OUTUBRO FINALIZA O PRAZO PARA SOLICITAR ÁS ACTUACIÓNS GRATUÍTAS POR PARTE DOS USUARIOS DA TDT, POLAS POSIBLES AFECTACIÓNS COCASIONADAS POLO DESPREGAMENTO DAS BANDAS 4G E 5G DE TELEFONÍA MOVIL.

 

As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en Gondomar servizos móbiles de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz.

  • A nova tecnoloxía permitirá aos gondomareños gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.
  • Chega700 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade deste servizo coa TDT.

 

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange,  anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Vigo o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos gondomareños gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

 

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), “Llega700” é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

 

O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

 

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

 

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

 

Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.

 

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

 

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videollamada, entre outros.

 

Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

 

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT

 

Chega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

 

Para garantir esta compatibilidade, Chega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o aceso das estacións, polo que chega700 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún.

 

Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e na páxina web www.llega700.es

 

Novas

Belén Artesán en Movemento

Xa está instalado no Centro Parroquial o tradicional Belén artesán en movemento. Non deixes de visitalo! Consulta de horario AQUÍ

Teatro “ARROUTADA”

“Arroutada”, obra da agrupación teatral da ONCE Setestrelo  baixo a a dirección de Mónica Sueiro, chega a Gondomar este domingo 1 de decembro ás 19:00

Axenda

No event found!
Cultura

Teatro “ARROUTADA”

“Arroutada”, obra da agrupación teatral da ONCE Setestrelo  baixo a a dirección de Mónica Sueiro, chega a Gondomar este domingo 1 de decembro ás 19:00

Leer más »
Cultura

Acendido das luces de Nadal

Este sábado 30 de novembro achégate a Gondomar Espéranche contacontos, magosto popular e ás 20:00 h. o tan esperado Acendido das luces de Nadal  

Leer más »