O proxecto DIXIGAL ten como obxectivo formar á cidadanía galega en competencias dixitais relacionadas coas áreas pertencentes ao Marco galego de competencias dixitais dirixidas a persoas en situación laboral de desemprego.

A implantación está orientada á obtención dos correspondentes títulos ademais da adquisición de coñecementos dixitais tan demandados no tempos actuais así como á mellora das capacidades dixitais para impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural.

Está dirixido preferentemente a mulleres en situación laboral de desemprego.

Este proxecto está composto de 3 niveis: básico, intermedio e avanzado. Nesta ocasión desenvolverase o nivel básico composto de 5 módulos de 40h cada un, sumando un total de 200 horas de formación:

  1. Búsqueda e xestión da información dixital
  2. Creación de contidos dixitais
  3. Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais
  4. Resolución de problemas no entorno dixital
  5. Seguridade e civismo no entorno dixital

O curso é totalmente gratuíto e en horario de mañá. Dará comezo o 27 de xaneiro e rematará o 5 de maio.

Para poder realizar o curso farase entrega dunha tablet a cada participante.

 

Inscricións do 13 ao 17 de xaneiro, a través da sede electrónica ou no rexistro municipal.

Mais información: Centro de Información á Muller presencialmente ou no 986389355 ou aio@concellodegondomar.com

SOLICTUDE AQUÍ

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »