O Concello de Gondomar, a través do Centro de Información a Muller da Concellaría de Igualdade, por en marcha o programa Capacitadas, dende onde se porá en marcha o curso de Operaria de produción e loxística.
 
Desenvolverase entre os meses de abril e xuño. Ven financiado polo Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, priorizando neste caso ás candidatas que sexan vítimas da violencia machista, así como mulleres que forman parte de colectivos que adoitan ter dificultades para acceder ao mercado laboral.
 
O programa, do que se poderán beneficiar un total de 15 persoas, desenvolverase en forma de itinerario formativo cun total de 168 horas, incluíndo obradoiros de sensibilización en igualdade e empoderamento para o emprego con perspectiva de xénero, ata prácticas formativas non laborais en empresas, pasando pola formación teórica práctica que inclúe o manexo de carretillas elevadoras.
 
As interesadas poderán inscribirse entre o 21 e 25 de marzo presentado as súas solicitudes no Rexistro municipal ou a través da sede electrónica, arrincando a formación o 04 de abril cos obradoiro de sensibilización en igualdade (20 horas).
 
Ademais durante recibirán a formación para manexo de carretillas elevadoras (18 horas) así como a formación teórico-práctica para o posto de traballo. Finalizarán coas prácticas formativas en empresas que se desenvolverán entre o 2 de maio e o 30 de xuño.
 
Máis información no CIM ou a través do correo [email protected] e no teléfono 986 389 355.

Novas

Día das Letras Galegas

O Concello de Gondomar celebrará esta semana unha intensa programación cultural con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano 2025 rende homenaxe ás

Festa da Empanada

Gondomar celebra a 10ª edición da súa tradicional Festa da Empanada do 16 ao 18 de maio O sabor da tradición volverá encher as rúas

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Día das Letras Galegas

O Concello de Gondomar celebrará esta semana unha intensa programación cultural con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano 2025 rende homenaxe ás

Leer más »
Comercio

Festa da Empanada

Gondomar celebra a 10ª edición da súa tradicional Festa da Empanada do 16 ao 18 de maio O sabor da tradición volverá encher as rúas

Leer más »