O Concello de Gondomar a través da súa Concellería de Turismo pon en marcha o “Camiño de Santiago por etapas”. Esta ruta cun total de 110 kilómetros desenvolverase en 4 etapas de 28 kilómetros cada unha aproximadamente,  os días 3, 10, 17 e 24 de setembro.  Ao chegar a Santiago o que así o queira poderá solicitar a “compostela”.

En cada xornada pola mañá un autobus recollerá aos participantes en Gondomar para levalos ao punto de inicio de cada etapa, regresando a nosa vila a media tarde.

Esta actividade é gratuita con prazas limitadas, tendo preferencia na inscrición aquelas persoas empadroadas en Gondomar. É imprescindible o compromiso de realización das 4 etapas para poder acceder a unha praza.

En cada etapa os participantes contarán cun vehiculo de apoio durante todo o percorrido para garantir a sua seguridade así como diferentes puntos de avituallamento.

 

INCRICIÓNS:

A partir do 17 de agosto no correo: [email protected] ou no teléfono 678874985

 

Actividade financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

 

 

 

Novas

DISPOSITIVO DE TRÁFICO POR CORPUS CHRISTI

Con motivo da elaboración das tradicionais Alfombras Florais do Corpus Christi, o Concello de Gondomar activará un dispositivo especial de tráfico que afectará a varias

VIAXE ILLAS CIES

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, organiza VIAXE ÁS ILLAS CIES o próximo sábado 5 de xullo Saída ás 09:30 do 

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

VIAXE ILLAS CIES

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, organiza VIAXE ÁS ILLAS CIES o próximo sábado 5 de xullo Saída ás 09:30 do 

Leer más »