Do 1 ao 14 de outubro en horario de 10 a 13h, a Concellería de Xuventude porá en marcha un curso de Iniciación á Lingua de Signos para maiores de dezaoito anos.

Queremos ofertar á mocidade a oportunidade de aprender e comprender a lingua de signos, promovendo a inclusión e a comunicación efectiva coa comunidade xorda.

A través deste curso, queremos proporcionar unha iniciativa que engada valor  o currículo da mocidade deste concello, impulsando a adquisición dun vocabulario e estruturas gramaticais básicas  para facilitar a interacción coas persoas xordas. Aportaremos unha visión xeral da comunidade xorda fomentando o respecto e a sensibilidade cara esta comunidade.

Se pensas participar nesta actividade  non esquezas, o prazo de inscrición é do 12 ao 26 de setembro.

Podes facer a túa solicitude presencialmente no Rexistro Xeral do concello de Gondomar de luns a venres en horario de 9 a 14h, ou a través da Sede Electrónica o 12 de setembro ás 0:00h ata o 26 de setembro ás 23.59h.

Terán preferencia a mocidade a partir dos 18 anos e do Concello de Gondomar, iniciativa de balde.

Anexos na Oficina Información Xuvenil de Gondomar, no rexistro xeral ou descar  ANEXO I e ANEXO II.

Para máis información chama 986.369.746 Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Novas

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

FESTA PRE FIN DE ANO EN GONDOMAR

O Concello anima a toda a veciñanza a participar na Festa Pre-Fin de Ano, nun ambiente festivo pensado para todas as idades, que terá lugar

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

CABALGATA DE REIS

As súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán Gondomar o vindeiro luns 5 de xaneiro, acompañados do seu séquito. A saida será a

Leer más »