A partir deste luns día 1 de xuño a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Gondomar recupera a atención presencial nas súas instalación, neste proceso de desescalada no que pouco a pouco imos todos voltando a "nova normalidade".
A actividade retómase no horario habitual de 08.00 a 14.00 horas sen esquencer o momento que estamos a vivir, polo que terán prioridade as consultas que se fagan vía telefónica (986 369 946), a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., ou, a través de instagram direct.
Os trámites que precisen ser atendidos de forma presencial se farán na oficina, ubicada na casa da Cultura, con CITA PREVIA e adoptando todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias: uso de máscara, lavar as mans con xel de hidroalcohol, e manter a distancia de seguridade interpersoal.
Lembrade mocidade, xa estamos de volta na OMIX¡
CONVOCA: AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA.
CONTIDO: convocase as probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática
( CODIX).
CONTIDOS PROBA: Sistema operativo, busca da información; Procesador de Textos; Follas de cálculo, Bases de datos; Presentacións gráficas.
REQUISITOS: persoas maiores da 16 anos, ou cumprilos antes de que finalice o prazo de inscrición, estar dado de alta como usuario da rede CEMIT e aboar a taxa de exame (10,37€).
PRAZO: solicitude participación na proba libre 21/10/2019
Información DOG 14/10/2019 Inscricións http://cemit.xunta.gal
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio ou superior nas modalidades de fútbol, fútbol sala, balonceso, balonmán, atletismo e vela.
Prazo de inscrición ata o 10/07/2019 nos centros do anexo IV.
A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para o acceso a ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática, Estudos Superiores de Música e Estudos Superiores de Deseño.
O Concello de Gondomar organiza un curso de aprendizaxe de operacións básicas de carnicería e charcutería.
Podes inscribirte descargando e presentando o anexo de inscrición na OMIX.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas a consecución de melloras nas competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.
REQUISITOS: Alumnado de 3º e 4º da ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos de Galicia que estean matriculados no curso 2018/19.
Informa DOG 24/04/2019 ou https://www.edu.xunta.es/axudasst
Convócanse as prazas para os campamentos da Xunta de Galicia. Programación de actividades de tempo libre de calidade que se distribúe en campamentos en Galicia e noutras comunidades Autónomas e mediante procedemento xeral ou de inclusión( mozos/as que teñan unha discapacidade igual ou superior o 33%).