A programación cultural do Concello de Gondomar continúa esta fin de semana cunha ampla oferta que inclúe música e deporte.

 

A programación da fin de semana comezará o sábado coa actuación do grupo de música tradicional “Os Terribles de Donas” que presentarán o seu amplo repertorio no Auditorio Municipal Lois Tobío ás 20:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

 

As actividades do domingo arrancarán cedo, ás 8 da maña onde terá lugar a saida dende a Praza Paradela da Marcha Cicloturista Concello de Gondomar, que reunirá a centos de amantes da bicicleta que farán un percorrido por diferentes localidades da comarca, para rematar novamente na Praza do Concello de Gondomar en torno ás 14:00 horas.

 

A partir das 16:00 dará comezo no parque Ponte das Rosas a I edición do Festival Predator, onde a música e o deporte se misturarán nunha actividade aberta a todo o público ata ás 20:00 horas.

 

Para rematar esta variada oferta o mesmo domingo ás 20:00 horas a Banda de Gaitas Irmandade, chegados dende Urugai, subirán ao escenario do Auditorio Lois Tobio.

Ademáis da programación propia, o concello colabora activamente cos distintos centros culturais e asociacións de veciños na sua programación cultural. Deste xeito o Concello colabora coa AVV Galiñeiro de Vincios que celebra durante todo o sábado a súa Festa do Socio, proporcionando o concello a instalación dunha carpa, a través da firma dun convenio de colaboración que asinaron este venres o alcalde e a presidenta desta asociación.

 

O alcalde suliñou que “a cultura e o deporte son uns dos piares fundamentais da nosa acción de goberno, así o ten sido nestes últimos anos e así o seguirá sendo nos próximos e continuaremos con noso apoio decidido aos centros culturais e asociación veciñais nas suas actividades, e claro exemplo delo é o convenio que acabamos de asinar coa Asociación Galiñeiro de Vincios”

 

 

 

Novas

🚧 AVISO DE CORTE DE TRÁFICO 🚧

O xoves 29 de maio de 2025, dende as 08:00h ata as 18:00h, permanecerá cortada ao tráfico a rúa Aldea Castro de Borreiros 📍 Motivo:

Axenda

No event found!
Igualdade e xuventude

GONDOVERÁN – Listaxe Definito

Xa está dispoñible o listado definitivo de persoas admitidas no Gondoverán! Se te inscribiches, é o momento de comprobar se formas parte desta aventura de

Leer más »