Por segundo ano consecutivo Gondomar será  escenario deste prestixioso festival.

Esta mañá o Alcalde Paco Ferreira xunto con membros da organización detallaron toda a programación.

Paco Ferreira destacou que: “O Concello de Gondomar ten unha aposta decidida pola cultura en xeral e particularmente pola danza, co apoio constante as 4 escolas de danza existentes no noso municipio, e coa programación dun festival de tanto prestixio a nivel nacional e internacional como é ABANEA”

 

IS·MO Cultura dá a coñecer o novo proxecto e a súa programación que se desenvolverá en Gondomar (Pontevedra) os días 28, 29 e 30 de xullo e Allariz (Ourense) o 31 de xullo: Preséntase Abanea o novo festival de danza e movemento de Galicia.

 

Abanea é un festival asociado á rede estatal Acielobierto, rede de festivais de danza en espazos non convencionais e patrocinado pola Xunta de Galicia – Xacobeo 21_22 e Concello de Gondomar. Colaboran nesta edición A Casa Vella e o Concello de Allariz.

 

A programación ten dúas liñas diferenciadas: formación e exhibición atravesadas pola intención de conectarse co sector profesional e coa cidadanía.

-O programa de formación dispón tres obradoiros impartidos por Ángel Durán, Raquel Ferradás e Clara Ferrao e Javier Mosquera de la Vega.

-O programa de exhibición fórmase coa presentación dos espectáculos de Lasala (País Vasco), Fran Sieira (Galicia), Ángel Durán (Catalunya), La Macana (Galicia), La Galga (Madrid), Eyas Dance Project (Madrid), Marta Alonso Tejada + Dj Afro Brix (Galicia), Carla Segovia e Guillermo Aguilar (México), Colectivo Glovo (Galicia), Colectivo La Incendiaria (Catalunya – Galicia).

-Ademáis da exhibición de espectáculos farase a proxección de pezas de video danza de creadoras de Galicia e Buzón de Baile – Radio3 – RTVE. Abanea quere afondar no formato de video danza, protagonista do obradoiro impartido por Clara Ferrao e Javier Mosquera de la Vega.

-Por outra banda iníciase un apoio bianual a unha compañía emerxente, nesta ocasión Colectivo La Incendiaria. Este apoio iníciase cunha presentación a profesionais da danza de Galicia na Casa Vella do seu proceso de creación e será estrenado na edición 2023 do festival, mentres se lle da un soporte de xestión continuado ao longo de todo o proceso de creación.

 

 

A programación ao detalle:

 

28 de xullo 2022 – Gondomar

  • LASALA· País Vasco · Acieloabierto

Alive

Hora: 21.00h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Coreografía: Judith Argomaniz

Intérpretes: Garazi Etxaburu, Paula Montoya

Duración: 17 minutos

ALIVE fala de traspasar os límites, de romper co establecido, da liberdade de elección dunha muller ainda co peso do herdado e o aprendido, de vivir a vida que cada unha escolla, a que desexe, sexa cal sexa.

 

  • FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA· Galicia · Acieloabierto

DeMente

Hora: 21.30h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Coreografía: Fran Sieira, Carla Diego

Intérpretes: Francisco Sieira González, Adela Otero Vázquez, Artur Pastoriza Puga, Martín Mondragón Rivadulla, Patricia Sánchez Seoane, André Adrio Rodríguez, Daniel Rodríguez Fernández

Duración: 27 minutos

Unha peza de danza contemporánea onde utilizamos como principal mecanismo de expresión a danza tradicional galega.
En «DeMente» falaremos dunha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a OMS sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. Poremos en escena a evolución dos tratamentos en persoas que padecen trastornos mentais, desde os amontonamentos practicamente carcerarios ata a externalización dos nosos días.
A necesaria integración na sociedade e a normalización como outro tipo de doenza, a loita contra o estigma, estas e moitas outras cuestións serán tratadas en escena. 

  • PROXECCIÓN DE VIDEO DANZAS· Galicia

Hora: 23.00h

Lugar: Parque Ponte de Rosas – Gondomar

Duración: 30 minutos

Unha escolma de videodanzas realizadas por profesionais do movemento de Galicia en colaboración coas súas videocreadoras e Buzón de Baile de Radio3 RTVE.

 

 

29 de xullo 2022 – Gondomar

  • ÁNGEL DURÁN PERFORMING ARTS· Catalunya · Acieloabierto

The beauty of it

Hora:  21.00h

Lugar: Rúa Portugal (frente á Casa da Cultura) – Gondomar

Coreografía e intérprete: Ángel Durán

Duración: 20 minutos

The Beauty of It básase nas teorías de Carl Jung sobre a dualidade entre a mente consciente e o inconsciente. Esta dicotomía nunha soa persoa non nos permite diferenciar entre a realidade real e o que é o soño. Nesta proposta escénica exponse a fraxilidade do home, así como unha reflexión sobre a autenticidade das accións ou personaxes creados por el mesmo. ¿Cal é a verdadeira máscara? É real todo o que experimentamos? ¿Que diferencia hai entre actuar e comportarse tal como és?

The Beauty of It utiliza as grabacións da entrevista ao dr. Carl Jung no 1957 como narrador externo para mergullarnos nun estado reflexivo onde o intérprete é obxecto de estudo, pero tamén é un espello de nós mesmos. Barridos polas diferentes calidades de movemento e expresións mergullámonos no inconsciente humano.

 

  • LA MACANA· Galicia

Pink Unicorns

Hora: 21.30h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Dirección artística: Caterina Varela, Samir Akika & Alexis Fernández

Intérpretes: Alexis Fernández & Paulo Fernández

Deseño de espazo: Tilo Schreieck

Deseño de iluminación: Afonso Castro

Dirección de produción: Caterina Varela

Unha produción de La Macana, en coprodución con AGADIC, Theater im Pumpenhaus e Theater Bremen

Duración: 70 minutos

La Macana sube ao escenario a Alexis Fernández e o seu fillo adolescente nunha peza que trata da relación non sempre sinxela entre xeracións. O impulso de pai e fillo de compartir o escenario sostén un espello ante a audiencia: pais, nais, fillos, fillas. Pink Unicorns é un teatro-danza salvaxe no que dous corpos se encontran.
O primeiro, Alexis Fernández, un galego de orixe cubano que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrentarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis próximo. Por  outro lado, Paulo Fernández, un espléndido, atlético e creativo rapaz de quince anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva millennial co seu querido pai.

 

 

30 de xullo 2022 – Gondomar

  • LA GALGA· Madrid

Ludo

Hora: 21.00h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Creación: Pau Cólera, Raquel Ferradás, Lydia Martínez e Juan Carlos Toledo.

Intérpretes: Raquel Ferradás e Lydia Martínez

Música orixinal: Da Rocha

Duración: 16 minutos

Dúas mulleres que se atopan, ¿Coñécense? Incítanse, arrástranse, atrápanse, xúntanse e se separan, ámanse, necesítanse, utilízanse, entréganse ao desexo da outra, báilanse.  Son un bucle entre si, un pulso, un xogo continuo que  vai desde a inocencia ata o límite dos seus corpos. 

  • EYAS DANCE PROJECT · Madrid · Acieloabierto

Júpiter + Jaguar

Hora: 21.15h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Coreografía: Carlos González & Seth Buckley

Intérpretes: Paula Montoya Lozano & Seth Buckley

Duración: 16 minutos

Júpiter + Jaguar é unha sinerxia de ferocidade, sensualidade e xogo.
Unha viaxe de liberdade e expansión.

  • MARTA ALONSO TEJADA· Galicia

Dancin’ Queen + DJ AFRO BRIX

Hora: 23.00h

Lugar: Praza da Paradela – Gondomar

Interpretación: Marta Alonso Tejada e Afro Brix
Dirección: Pablo Reboleiro Rama e Marta Alonso Tejada

Apoio Coreografía e movemento: David Loira e Paula Quintas

Creación: Pablo Reboleiro, Marta Alonso Tejada, María Mariño, Brix

Espazo Sonoro e música: Afro Brix e Manute

Duración: 20 minutos + 45 minutos DJ

DANCIN´QUEEN é unha pasaxe por hits que me dan ganas de bailar. É a ilusión de estar nunha discoteca en clave de danza e humor.

Son ganas de bailar e de contaxiar danza. É unha oportunidade para deixar aflorar a Dancin´Queen que levamos dentro, esa que aparece cando soa a música e nos vimos arriba e que nos pilla tanto en zapatillas de andar por casa ou levando purpurina.

É despertar. É xogar. É gozar. 

O espectáculo finaliza cunha sesión de DJ Afro Brix.

 

 

 

Sobre IS·MO Cultura

IS·MO Cultura é unha asociación sen ánimo de lucro que realiza proxectos vinculados á danza  en Galicia en todas as súas vertentes.

MISIÓN: Achegar a danza e artes do movemento á cidadanía e xenerar sinerxias entre xs profesionais da danza.

VISIÓN: Ser referencia autonómica e nacional na xestión de proxectos de danza.

OBXECTIVOS

  • Ofrecer á cidadanía un espazo para o encontro, a recreación, a formación e o disfrute da cultura, a través de producións de danza.
  • Contribuir á consolidación e valorización da diversidade cultural a través do coñecemento e comprensión das raíces, a historia e a creación da danza,
  • Fomentar proxectos de innovación, internacionalización, formación, creación e orientación na área da danza con especial interese nas creadoras de Galicia.
  • Xerar instancias educativas para xs estudantes de danza: prácticas abertas e didáctica da danza contemporánea nas escolas.
  • Fomentar o diálogo entre artistas e público.
  • Atender adecuadamente a todxs xs participantes dos proxectos coa fin de chegar á excelencia profesional dunha entidade cultural.
  • Promover a convivencia cidadá  e respecto.

 

SOMOS IS·MO CULTURA

Dirección: Marta Alonso Tejada, Manu Lago, Lilian Portela e Paula Quintas

​Curaduría artística: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas

Coordinación e produción: Lilian Portela

Xestión: Manu Lago

 

 

 

 

Novas

GALICIA SABE AMAR

Galicia Sabe Amar é unha campaña para animar á cidadanía  a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor

Axenda

No event found!
Load More
Comercio

GALICIA SABE AMAR

Galicia Sabe Amar é unha campaña para animar á cidadanía  a consumir  produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor

Leer más »