Search

CHEGA A GONDOMAR “XIRACAN”, UN FESTIVAL SOLIDARIO DOG FRIENDLY CON DOUS DIAS CHEOS DE ACTIVIDADES

 

O entorno do parque canino de Gondomar será o escenario durante dous días de decenas de actividades para os amantes dos cans.

Así o sábado as 19:00 horas dará comezo o festival cunha andaina, apta para todas as idades, que percorrerá o entorno do rio. Aquelas persoas interesadas en acudir co seu can poderán inscribirse a través da aplicación para móbiles “Gohu” ou enviando un correo cos seus datos a: alcaldia@concellodegondomar.gal Tamén poderán facer a insrición presencialmente no propio recinto do festival media hora antes do inicio da andaina, previsto para as 19:30 horas.

Esta actividade estará guiada e supervisada por adestradores e educacadores caninos profesionais, aos que os participantes poderán facer consultas e axudarán no correcto desenvovlementeo da actividade.

Aquelas persoas interesadas pero que non posuan can tamen poderán participar, xa que se lles facilitará un can procedente das protectoras colaboradoras.

 

Ao finalizar a andaina todos os participantes recibirán un agasallo.

Asimesmo as  19:00 h abrirase o mercadiño solidario no que as protectoras colaboradoras poran a venda diferentes artigos para recadar fondos. Ademáis os mais pequenos poderán participar nun obradoiro de elaboración de chapas, aberto de 19:00 a 20:30 h.

 

O domingo o festival abrirá as suas portas as 12:00 horas e durante todo o día se poderá desfrutar de decenas actividades coma: mercadiño solidario, obradoiros infantís, charlas, coloquios, desfiles de cans en adopción ou diferentes exhibicións deportivas.

A clausura do festival. as 21:30 horas, estará amenizada coa música dos “Hermanos Cunha”.

 

O alcalde de Gondomar, Paco Fererira, suliñou que “tras a posta en marcha do parque canino municipal, con este festival queremos mostrar que “Gondomar é unha vila amiga dos cans”, e destacou o importante componente solidario que ten este festival, “que quere poñer en valor o gran traballo que fan as protectoras e os refuxios de animais, e esperamos que esta actividade sirva para visibilizalo.

O rexedor municipal aproveitou para “invitar a toda a cidadanía a participar, teñan ou non teñan can”. Por último quixo agradecer os organizadores e as empresas e asociacións colaboradoras o seu esforzo para que este festival sexa un éxito”

 

Novas

Axenda

No event found!