O vindeiro 13 de setembro ás 21:30 horas, a Praza Paradela de Gondomar converterase no epicentro da música folk e tradicional coa celebración do Festival Miñorsóns 2025, unha cita cultural que reunirá agrupacións chegadas de diferentes puntos de Europa e de alto nivel cultural recolectado a nivel mundial.

O programa contará coas actuacións de:

  • P.O.E Piccola Orchestra Ecletnica (Italia)
  • Orkestar Mišina (Croacia e Hungría)
  • Tradisón (Galiza)

 

Este festival, que xa suma varias edicións, naceu coa vontade de consolidarse como un referente cultural na comarca e ao longo destes anos demostrou ser unha cita imprescindible para a veciñanza e visitantes. O seu propulsor foi Xurxo o Terrible, quen impulsou este proxecto coa idea de crear un espazo de encontro musical e de intercambio cultural que chegase para quedar. Ademais, Xurxo é tamén o director do grupo Tradisón, unha das formacións protagonistas do cartel deste ano.

Organizado por Tradisón, en colaboración co Concello de Gondomar, o Festival Miñorsóns mantén o seu carácter aberto e gratuíto, convidando o público a gozar dunha noite única de música, diversidade e convivencia.

 

Novas

Axenda

No event found!
Load More