Por décimo ano, Gondomar será durante dous días o epicentro da artesanía galega coa celebración dunha nova edición de “Mostrafeira“.

Mais dunha ducia de artesáns, chegados dende distintos puntos de Galicia, exporán as súas creacións nunha feira que xa é un referente no mundo da artesanía e dos oficios tradicionais.

Os asistentes ademais de poder mercar artesanía de todo tipo terán a oportunidade de coñecer como se realizan as pezas e participar activamente na súa elaboración a través dos distintos obradoiros que tamén se levarán a cabo durante as duas xornadas que dura esta feira.

A organización corre a cargo de “A Escola” Asociación Galega de Cerámica e outras Artesanías e o Concello de Gondomar coa colaboración de Artesanía de Galicia.

Como novidade este ano a feira cambia de ubicación pasando a realizarse no edificio do Antigo Matadoiro, un espazo que ofrece unha maior comodidade e verstilidade, ademáis de ser un edificio histórico da nosa vila o que lle confire se cabe un maior encanto á edición deste ano.

 

 

 

 

 

 

 

Novas

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

SOÑOS – Teatro

Soños, unha obra que poderemos descubrir o vindeiro domingo 27 de outubro e que non é só unha obra de teatro, senón tamén unha recopilación

Leer más »
Cultura

A PANADEIRA – Teatro

O ciclo de teatro , arrincará o domingo 20 de outubro ás 19:00h.  da man da compañía  “Verbolaria” co seu espectáculo “A PANADEIRA”. Obra dirixida

Leer más »