O Concello de Gondomar prepárase para vivir unha das citas máis divertidas do verán coa celebración do 3º Carnaval de Verán, que terá lugar o xoves 14 de agosto no Torreiro de Festas de Vincios. A programación, pensada para público infantil, xuvenil e adulto, arrincará ás 16:30 horas e prolongarase ata ben entrada a madrugada.

 

A xornada comezará cunha festa infantil con inchables, seguida do concurso de disfraces infantil ás 18:00 h, con categorías individual e colectiva e premio para todos os nenos participantes. Ás 19:00 h celebrarase a popular festa da escuma, onde será obrigatorio o uso de chanclas por seguridade.

 

A partir das 20:00 h, as escolas de baile DanzArte e Ritmo Idanze ofrecerán as súas actuacións, e ás 22:00 h será a quenda do grupo musical “Las Vegas”, que animará a noite con música en directo.

 

Ás 01:00 h, terá lugar o concurso de disfraces de adultos, con categorías individual e colectiva, e premios en metálico. A festa continuará coa actuación dos DJ’s Isma Martínez e DJ Bastos, que porán o broche final a unha xornada festiva e participativa.

 

As persoas interesadas en participar nos concursos poden inscribirse vía WhatsApp no número 622 848 236, indicando o grupo (infantil ou adulto), categoría (individual ou colectiva) e nome dos participantes ou grupo.

 Este evento está organizado pola comparsa “O Millor de Cada Casa”de Vincios, á quen desde o Concello de Gondomar queremos agradecer o seu esforzo e colaboración constante, tanto neste evento como en moitas outras iniciativas culturais e festivas ao longo do ano. A súa implicación e creatividade son un exemplo do tecido social activo e comprometido que caracteriza o noso municipio.

 A concelleira de Cultura, Rocío Goberna, salienta que “o Carnaval de Verán é xa unha cita moi agardada pola veciñanza e unha mostra de como a cultura e o entretemento poden convivir nun espazo aberto, seguro e familiar. Eventos coma este reflicten o espírito participativo de Gondomar, e desde o Concello seguiremos apostando por apoialos, organizalos e darlle vida ao noso verán”. Engadiu ademais que “contar con colectivos como ‘O Millor de Cada Casa’ é unha sorte, porque traballan con ilusión, compromiso e moito talento, algo que queremos recoñecer e apoiar sempre.”

+INFO

Novas

Axenda

No event found!
Load More
Novas

SAN CRISTOVO

O vindeiro 10 de xullo, celébrase a tradicional caravana San Cristovo 2025 coa bendición de vehículos día te da casa Peralba. A saída será dende

Leer más »