O Concello de Gondomar organiza un ciclo de charlas dentro do seu programa de “saúde mental na mocidade” que iniciouse no mes de marzo, e que xa tratou temas tan importantes como os transtornos do espectro autista na adolescencia, os transtornos por déficit de atención ou os problemas derivados dos transtornos da conducta alimentaria.

Neste caso e con motivo da celebración o próximo día 10 de outubro do Dia Mundial da Saúde Mental, realizaránse dous obradoiros nos distintos centros educativos da vila, un dirixido a alumnos e alumnas de bacharelato baixo o título “Ansiedade e depresión por dentro” e outro titulado “Na corda foruxa. A vida a través dos ollos dun TDAH” dirixido a alumnado que cursan a ESO.

Tentaremos falar abertamente do benestar emocional derribando tabús, estereotipos e resistencias, que nos acheguen un pouco ó padecemento alleo. Daremos paso á conversa para que estimule os detectores na sociedade dos berros silenciosos que nos envían as persoas con malestar psicolóxico.

 

Paco Ferreira sinalou que “os problemas de saude mental é un dos males dos nosos tempos e afecta cada vez a idades mais tempranas. Por eso é moi importante que a mocidade teña as ferramentas necesarias para identificar diferentes problemas, e así poder buscar no momento necesario a axuda que precisan”

Novas

Belén Artesán en Movemento

Xa está instalado no Centro Parroquial o tradicional Belén artesán en movemento. Non deixes de visitalo! Consulta de horario AQUÍ

Teatro “ARROUTADA”

“Arroutada”, obra da agrupación teatral da ONCE Setestrelo  baixo a a dirección de Mónica Sueiro, chega a Gondomar este domingo 1 de decembro ás 19:00

Axenda

No event found!
Cultura

Teatro “ARROUTADA”

“Arroutada”, obra da agrupación teatral da ONCE Setestrelo  baixo a a dirección de Mónica Sueiro, chega a Gondomar este domingo 1 de decembro ás 19:00

Leer más »
Cultura

Acendido das luces de Nadal

Este sábado 30 de novembro achégate a Gondomar Espéranche contacontos, magosto popular e ás 20:00 h. o tan esperado Acendido das luces de Nadal  

Leer más »