ESTÁS A FAVOR DA HUMANIZACIÓN DA PRAZA MANUEL ALONSO (ALAMEDA)?

Cargando ... Cargando ...


O Concello de Gondomar a través dun convenio asinado coa Deputación de Pontevedra vai recibir máis de 1 millón de euros destinados á rehabilitación da Praza Manuel Alonso (Alameda).

A intervención ten como obxectivo a recuperación da comúnmente denomidada “Alameda” e a súa contorna, para o uso fundamentalmente peonil. A idea principal deste proxecto é devolver o espazo público ao peón, cumprindo cos criterios da Rede Ágora e coa axenda 2030.

Disporáse dunha superficie continua en toda a praza, eliminando a dobre altura existente, e por tanto mellorando enormemente a súa accesibilidade, e perimitindo ademáis unha comunicación transversal entre todos os espazos, así como mellorando a conexión coa Igrexa de San Bieito.

Ademaís da humanización da praza, esta actuación permitirá o cambio das conduccións de auga, a separación da rede de saneamento e pluviais e a mellora da eficiencia enerxética coa sustitución das lámpadas existentes por led, o que permitirá un importante aforro no consumo enerxético.

 

Coa humanización desta praza, a contorna pasará a gañar máis de 1000 m2 de zona peonil,  quedando unha zona mixta para circulación de vehículos e peóns integrada na mesma de 400 m2 con preferencia para peóns, pero manténdose o tráfico rodado ascendente pola rúa Manuel Losada e descendente pola rúa San Bieito dacordo ao proxecto aprobado polo Pleno da Corporación do 21 de abril.

O convenio de 1 millón de euros asinado por concello e Deputación, forma parte do proxecto Reapcon posto en marcha polo anterior goberno provincial dentro do modelo Ágora que transformou  a provincia, devolvendolle o espazo aos cidadáns.

O Concello licitou xa as obras e proporá ao Pleno do mes de outubro a adxudicación a Civis Global por un valor de 1.168.394  euros cun prazo de execución material de 7 meses.

 

 

ENQUISA CIDADÁ

Ante ás informacións contradictorias verquidas por algunhas formacións políticas ao respecto do proxecto, que de forma interesada están a crear confusión,  o goberno local decidiu abrir unha enquisa pública para coñecer a opinion da cidadanía.

Para que calquera que desexe participar teña a información precisa, nas seguintes ligazóns poderán acceder a toda a información:

 

 

 

Novas

Belén Artesán en Movemento

Xa está instalado no Centro Parroquial o tradicional Belén artesán en movemento. Non deixes de visitalo! Consulta de horario AQUÍ

Teatro “ARROUTADA”

“Arroutada”, obra da agrupación teatral da ONCE Setestrelo  baixo a a dirección de Mónica Sueiro, chega a Gondomar este domingo 1 de decembro ás 19:00

Axenda

No event found!
Cultura

Teatro “ARROUTADA”

“Arroutada”, obra da agrupación teatral da ONCE Setestrelo  baixo a a dirección de Mónica Sueiro, chega a Gondomar este domingo 1 de decembro ás 19:00

Leer más »
Cultura

Acendido das luces de Nadal

Este sábado 30 de novembro achégate a Gondomar Espéranche contacontos, magosto popular e ás 20:00 h. o tan esperado Acendido das luces de Nadal  

Leer más »