Trátase dun programa de fomento á lectura impulsado pola Concellaría de Xuventude e que na súa primeira edición tivo unha gran acollida entre a mocidade á que vai dirixida a iniciativa.

 ​“Abrindo Portas” xurdiu no departamento co fin de motivar á mocidade a ler, amosándolles a través das redes sociais, obras de distintas temáticas que poidan suscitar ou seu interese e lles brinde unha nova experiencia lectora.

​Así cada derradeiro venres de mes presentaranse a través da conta de instragram@omixgondomar tres títulos sobre unha temática concreta, que pode ser sobre a sexualidade, as adiccións, historias de adolescentes ou ciberacoso, entre outras.

​Durante a primeira edición do programa recomendáronse un total de 42 títulos coa colaboración da Librería Libraira e 190 mozos e mozas reaccionaron ás propostas.

Novas

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

8M Gondomar 2026

O Concello de Gondomar conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación completa do 5 ao 9 de marzo que reforza o

Leer más »
Cultura

O Concello de Gondomar informa do prazo para presentar solicitudes de autorización temporal para a instalación de postos de venda, con motivo da celebración do

Leer más »