O Concello de Gondomar organiza un ano máis as Festas Patronais de San Bieito, que se celebrarán do 10 ao 13 de xullo, cunha programación pensada para todos os públicos, na que tradición, música, cultura e lecer volverán encher as rúas da vila.

Durante estes días festivos, a veciñanza e as persoas visitantes poderán gozar tamén das atraccións instaladas no Complexo Deportivo de As Cercas e no aparcadoiro situado detrás da estación de autobuses, así como dos diferentes postos de venda ambulante distribuídos polo recinto festivo. A súa localización poderá consultarse no plano oficial das festas.

O 13 de xullo, coñecido popularmente como o Día do Neno, as atraccións ofrecerán prezos populares para facilitar que as familias poidan desfrutar dunha xornada especial.

Co obxectivo de seguir construíndo unhas festas máis accesibles e inclusivas, o Concello establecerá diariamente un horario de dúas horas durante o que as atraccións funcionarán sen efectos sonoros nin luminosos, facilitando así o seu desfrute por parte de persoas con sensibilidade sensorial.

O Concello de Gondomar convida á veciñanza e ás persoas visitantes a vivir e desfrutar das Festas de San Bieito 2026.

Consulta o programa  das Festas de San Bieito  AQUÍ.

Novas

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cultura

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 4 de xullo ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase nun observatorio natural para gozar dunha noite de observación do ceo. Unha actividade

Leer más »