Tras a presentación na pasada edición dunha nova guía turística e un rueiro, este ano as novidades que o Concello de Gondomar presenta na feira de turismo FITUR son unha nova páxina web, con información de utilidade, para quenes visiten ou estén prantexándose visitar a vila condal, e unha serie de postais con ilustracións do libro “Un paseo por Gondomar” que foi editado no 2023.

Na nova web pódese atopar información pormenorizada sobre diferentes áreas de interese como aloxamentos, espazos naturais, alternativas de ocio, patrimonio, restauración e gastrnomía, rutas, saúde ou tradicións.

No apartado de aloxamentos o visitante poderá atopar todas as opcións que ofrece Gondomar perfectamente ordenadas e con toda a información de contacto de cada un dos establecementos.

Dos maiores atractivos turísticos que sen dúbida ofrece Gondomar son os seus espazos naturais é o seu patrimonio histórico, e agora desde esta nova web pódense localizar os espazos de interese e identificalos dun xeito moi sencillo e accesible, con filtros de búsqueda para unha rápida localización.

Nos últimos anos o Concello fixo un esforzo para a identificación e sinalización de distintas rutas  polos espazos naturais do concello. Nesta web haberá un apartado específico onde se atopará toda a información necesaria para quenes queiran gozar da ampla riqueza medioambiental de Gondomar.

Gondomar ten unha rica historia que se reflicte tanto no seu importante patrimonio histórico como nas suas tradicións, e aqueles que queiran coñecelas terán todo tipo de información ao respecto neste novo espazo web.

As parroquias de Gondomar, coas suas particularidades e idiosincrasia teñen tamen un gran protagonismo neste novo espazo. Así, e como novidade, existe un apartado específico para cada unha das dez parroquias de Gondomar, con información sobre o seu patrimonio e historia e os seus atractivos propios.

Desde o Concello preténdese que esta sexa unha páxina “viva”, polo que actualizaráse de forma constante ampliando a información a que se pode acceder dunha forma sencilla.

A nova web estará operativa a partir de hoxe na seguinte ligazón: https://turismo.concellodegondomar.gal/   coincidindo coa presenza en Madrid do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e da Concelleira de Turismo, Rocío Goberna, na feira de turismo internacional FITUR onde presentarán esta nova ferramenta.

 

Gondomar tamén presenta nesta feira unha serie de postais creadas polo grupo Solaina, coas  ilustracións do libro “Un paseo por Gondomar” e que resaltan a cultura e a natureza do municipio para un público infantil e familiar

As postais ofrecen tamén un código Qr con rutas en todas as parroquias do municipio, para un turismo sostible  fomentando hábitos de vida saudables de forma lúdica para os máis cativos, capturando a esencia da rexión, resaltando a súa riqueza paisaxística e ambiental, dende petróglifos, muíños, ríos, pontes e pazos para difundir o patrimonio cultural e natural incorporando mensaxes que resaltan a importancia da sostenibilidade e o coidado do medio natural.

 

 

Novas

MERCADO DE NADAL EN GONDOMAR

Un ano máis, O Concello de Gondomar organiza o Mercado de Nadal os días 7 e 8 de decembro na Praza Paradela  Para solicitar a

Axenda

No event found!