O alcalde Paco Ferreira presentou esta mañá a programación do Entroido de Gondomar, na que como novidade, entre outras, está programada unha gran verbena para a noite  do martes 21, e por primeira vez a entronización e a queima do Meco.

O Concello de Gondomar presentou esta mañá a súa programación de Entroido que este ano se celebrará dende o mércores 15 e ata o  martes 21.

 

As actividades comezarán o mércores 15 cun concerto a cargo da Banda Infantil e Xuvenil de Vincios e o Coro e Orquestra do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar, que terá lugar no Auditorio Lois Tobío ás 19:00 horas.

O venres 17 os máis pequenos tomarán ás ruas de Gondomar a partir das 11:00 horas co Desfile Escolar, e posteriormente ás 12:00 na Praza Paradela, levarase a cabo unha das sorpresa de este Entroido 2023, a Entronización do Meco, cunha temática que permanecerá en segredo ata ese momento.

A fin de semán arrincará ás 16:30 horas do sábado 18 con Obraboiros Infantís na Praza Paradela a cargo de +quebrincos.

O domingo 19 será sen dúbida un dos días fortes deste Entroido 2023, xa que ás 16:00 horas terá lugar na Praza Paradela a lectura do Pregón que dará inicio ao Desfile de Comparas de Entroido no que máis de 1.000 persoas desfilarán polas ruas da vila.

A xornada do domingo rematará cun concerto a cargo do Trio Azar na Praza Paradela.

 

A festa continuará o luns 20 e trasladase a Praza Rosalía de Castro onde terá lugar un Desfile Infantil de Disfraces con premios para os participantes e animación a cargo de +quebrincos.

Outra das novidades deste Entroido con respecto a anos anteriores, terá lugar o martes 21 coa celebración dunha Gran Verbena na Praza de San Bieito. A partir das 22:00 horas se bailará ao ritmo da Orquestra La Fórmula que realizará dous pases. No medio deles se procederá a Queima do Meco e a lectura do seu obituario.

 

O alcalde Paco Ferreira sinalou que “este Entroido chega cheo de novidades, como a queima do Meco ou a Verbena do martes pola noite, que xunto co xa tradicional desfile de comparsas, que este ano vai batir record de participación, van converter o Entroido de Gondomar nun dos máis importantes da nosa comarca”

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas

Miñorsons 2024

Arranca o  Miñorsons 2024 , festival de Músicas Tradicional do Mundo  do 7 ao 12 de novembro A súa cita en Gondomar será o sábado

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Miñorsons 2024

Arranca o  Miñorsons 2024 , festival de Músicas Tradicional do Mundo  do 7 ao 12 de novembro A súa cita en Gondomar será o sábado

Leer más »