Search

Gondomar presenta unha semana de actividades con motivo do Día das Letras Galegas

O Concello de Gondomar presentou esta mañá o programa de actividades que se desenvolverán entre o 13 e o 18 de maio con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea á escritora, filóloga e violinista coruñesa Luisa Villalta.

 

A programación dará comezo o luns 13 de maio, cun recital poético organizado polo IEM a cargo de Manuel López Rodríguez e Fran Fernández Davila ás 20:00h. na Aula Cultural Ponte das Rosas.

O martes 14 Xina Vega ofrecerá unha charla a partir das 20:00h. na mesma localización

O mércores a poeta Elba Pedrosa presentará o seu novo poemario, tamén ás 20:00h. e na mesma localización

 

O xoves a oferta cultural será dobre. Por un lado ás 20:00h. no Auditorio Lois Tobío, Raquel Queizás presentará a súa obra teatral “Cinema Marabillas”. As entradas están dispoñibles na taquilla electrónica do Concello:  https://taquilla.concellodegondomar.gal/

 

O mesmo xoves día 16 e tamén ás 20:00h. e organizado polo IEM na Aula de Ponte de as Rosas, Teatro do Ar e Pedro Rodríguez farán lectura de “O Amor das Pedras”.

 

O venres 17 ás 11:00h.  dende a Praza de Paradela daremos saída a tradicional Festa da Bicicleta do Val Miñor que este ano chega a súa 34 edición.

 

Ese mesmo venres ás 19:00h. na Praza de Rosalía de Castro terá lugar un Acto Poético-Musical no que a música correrá a cargo de: grupo Ecos e Agarimos de Peitieiros, grupo de gaitas Cores do Sobreiro, Pandereteiras de Sobreiro, Leo Casavella e Xuxo o Terrible, e no que Soledad García recitará poemas.

Para rematar estes días de conmemoración o sábado haberá dobre sesión musical. A partir das 10:30h. a Banda de Música de Guláns realizará un “pasacalles” polas rúas do centro da vila e xa pola tarde, ás 20:00h. será o turno da Banda da Agrupación Musical de Vincios que realizará un concerto na Praza Paradela.

 

O alcalde Paco Ferreira sinalou que “a oferta cultural de Gondomar é sen dubida unha das maís amplas de calquera concello do noso tamaño, proba da nosa aposta pola cultura, pola tradición e neste caso para rememorar con diferentes actividades a figura de Luisa Villalta”

 

Novas

Axenda

No event found!