Gondomar promove a celebración do 8 M ao longo de todo o ano

Deporte

III CAMIÑO DO IRMANDAMENTO

Un ano máis o Concello de Gondomar organiza o CAMIÑO DO IRMANDAMENTO, unha ruta ciclista que unirá a nosa vila con Gondomar (Portugal) A ruta

Leer más »

O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Igualdade, ademais do acto central con motivo da celebración do día Internacional da muller traballadora,
desenvolverá diferentes actividades durante o mes de marzo e ao longo de todo o ano “promovendo a igualdade entre homes e mulleres os 365 días”.


O concello de Gondomar prepara as actividades centrais con motivo da celebración do día Internacional da muller traballadora, o próximo 8 de marzo, que se
desenvolverán na Praza Escolas Vellas -ante o antigo Centro de Saúde- onde se convocará unha concentración tras a que se lerá o manifesto oficial redactado para a
xornada.

Este ano adiántase a convocatoria oficial ás 11.00 da mañá “e convidamos a toda a cidadanía a sumarse a ela para lembrar que a loita pola igualdade real é unha
cuestión que debemos afrontar todos e todas unidos”. Tras este acto a concelleira de Igualdade e representantes municipais sumaranse á marcha organizada polas asociacións feminitas de Val Miñor desde o centro de Gondomar ata a ponte da Ramallosa.


Escape room pola igualdade


Como en anos anteriores, a mocidade e a cativada convírtense en protagonistas das actividades programadas “porque son eles e elas os que deben sementar os
valores da igualdade para que perduren no tempo e cambie a tendencia actual”. Así nos institutos do municipio estanse a impartir obradoiros e charlas sobre o 8 M e a
loita pola defensa dos dereitos femenismos.

Os días 28 e 29 de marzo sumaráse una nova actividade especificamente diseñada para os/as máis novos/as: “Estrelas”, un escape room, financiado con fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade, e que terá como protagonistas ao alumnado de 5º de primaria dos CEIP de Gondomar. A través do escapismo deberán recuperar o fulgor dalgunha estrela feminina que por algún motivo cambiou o rumbo da historia, dando así luz a nomes como Isabel Zendal ou Maruja Mallo entre outras
moitas.


Por último o departamento de Igualdade de Gondomar lembra que a loita e as reivindicacións deben prolongarse todo ano. Así, nos próximos días, abrirase o prazo
de inscripción dunha nova convocatoria de formación online onde se abordarán cuestións como a educación para a diversidade, actuacións fronte ao acoso sexual ou a igualdade de oportunidade en actividades de lecer e tempo libre.