O Concello de Gondomar continúa avanzando na mellora da xestión ambiental e na protección do territorio coa instalación de catro novos puntos limpos de proximidade xa operativos nas parroquias de Vincios, Morgadáns, Peitieiros e Chaín. Esta actuación permite facilitar á veciñanza a correcta reciclaxe de pequenos residuos perigosos, evitando que acaben no lixo común ou no medio natural, e reforzando a aposta municipal por un modelo de reciclaxe próximo, cómodo e eficaz.

Coa súa posta en marcha, o Concello amplia de forma notable a cobertura deste servizo, achegando ás parroquias un recurso esencial para seguir avanzando cara a un Gondomar máis sostible. Estes puntos permiten depositar residuos como pilas, lámpadas, cápsulas de café ou pequenos aparellos eléctricos, contribuíndo á redución da contaminación e ao incremento do volume de materiais reciclados.

 

A actuación supuxo un investimento total de 18.089,50 €, financiado a través das axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Grazas á xestión municipal, estes fondos permitiron executar unha intervención que beneficia directamente á cidadanía, ás parroquias e ao conxunto do concello.

 

O Goberno local, encabezado polo alcalde Paco Ferreira, continúa así impulsando medidas que melloran o entorno, fortalecen a reciclaxe e consolidan Gondomar como referente en políticas ambientais activas e útiles para o día a día da veciñanza.

Novas

ENTROIDO EN GONDOMAR

O Concello de Gondomar celebra o Entroido cunha completa programación dirixida a todos os públicos, coa que anima á veciñanza e ás persoas visitantes a

Axenda

Cultura

ENTROIDO EN GONDOMAR

O Concello de Gondomar celebra o Entroido cunha completa programación dirixida a todos os públicos, coa que anima á veciñanza e ás persoas visitantes a

Leer más »
Cultura

CEA BAILE DE ENTROIDO

O Concello de Gondomar organiza unha Cea Baile de Entroido, unha xornada festiva para gozar en familia e con amizades, que terá lugar o sábado

Leer más »