A Teteira de Kabul fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condición irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.

Esta proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, está baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas e fala das vivencis das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar. A súa protagonista está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva constructiva e alentadora.

A peza foi finalista á mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024.

O espectáculo ven financiado polo Fondo Galego de Cooperación

Novas

Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Comercio

Samaín no Comercio Local

Dende o Departamento de Comercio do Concello de Gondomar, animamos os establecementos do pequeno comercio local a decorar os seus locais con motivo da celebración

Leer más »