Un ano máis Gondomar tinguiuse das cores da primavera, coa celebración das súas tradicionais alfombras florais con motivo do Corpus Christi

 

Nos dias previos a esta celebración centos de persoas de diferentes asociacións e colectivos da vila, estiveron preparando as flores e as plantas para confeccionar estas obras de arte. Durante a noite do sábado e a madrugada do domingo foron centos de voluntarias e voluntarios os que estiveron confeccionando estes tapices, para que o domingo pola mañá estivese todo a punto, e as miles de persoas que se achegaron a vila condal puidesen admirar as distintas alfombras diseminadas polas rúas do centro de Gondomar.

 

As asociacións e colectivos participantes este ano foron: O Millor de Cada Casa (Vincios), Politicamente Incorrectos (Couso), Centro Cultural de Chaín, Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, Novos Aires de Couso, Asociación Verbos de Acción, Centro Cultural de Peitieiros e o Club Patinaxe Artística de Gondomar.

 

As alfombras do Corpus en Gondomar son sen dúbida unhas das máis famosas da provincia de Pontevedra, pero as de Gondomar teñen unha singularidade que as fan únicas, xa que  se confecciona unha alfombra floral ao longo dunha escalinata,  a que da acceso a Igrexa de San Bieito, e que é  xa un símbolo característico do Corpus de Gondomar, e que cada ano atrae a milleiros de visitantes de toda Galicia e Portugal.

 

Como marca a tradición estas obras de arte efémeras, son recollidas tras o paso da procesión, e os seus artistas  xa empezan a pensar nos motivos que decorarán a vila ao ano seguinte.

 

O alcalde Paco Ferreira destacou “o traballo altruísta que fan cantos participan na elaboración destas obras de arte, nunha festividade que é unha das nosas sinais de identidade, e que cada ano achega a nosa vila a milleiros de persoas” o rexedor aproveitou tamén para “agradecer o traballo do persoal municipal e da policía local que despregaron un dispositivo especial para que esta celebración fose un ano máis todo un éxito”

 

Novas

MERCADO DE NADAL EN GONDOMAR

Un ano máis, O Concello de Gondomar organiza o Mercado de Nadal os días 7 e 8 de decembro na Praza Paradela  Para solicitar a

Axenda

No event found!