Un ano máis o Concello de Gondomar organiza o CAMIÑO DO IRMANDAMENTO, unha ruta ciclista que unirá a nosa vila con Gondomar (Portugal)

A ruta cun percorrido total aproximado de 150 quilómetros, terá lugar os días 8 e 9 de Outubro. 

A saída dende a Praza da Paradela está prevista para o día 8 ás 09:00 horas cunha parada en Viana do Castelo para xantar, e chegada ao destino da primeira etapa en Póvoa do Varzim ás 17:00 h. (hora local).

O domingo 9 a saída será ás 09:00 horas e terá un percorrido de 45 quilómetros chegando ao destino final  na Cámara de Gondomar ás 12:00 horas.

Tras unha recepción oficial, un xantar e unha pequena visita á vila portuguesa, o regreso está programado para as 19:00 horas.

 

É obrigatorio o uso de casco, roupa e calzado adecuados, e un kit de reparación de pinchazos.

En todo momento o pelotón irá acompañado por varios vehículos de apoio. Ademáis todos os participantes terán a disposición aprovisonamento variado, así como un chaleco reflectante e un kit de primeiros auxilios, tendo asimesmo a cobertura dun seguro de asistencia en viaxe.

 

O prazo de inscrición remata o día 3 de outubro ás 14:00 horas.

Inscrición en: [email protected]

Máis información: 986 384 020

 Prazas limitadas (con preferencia para empadroados en Gondomar)

 

Esta actividade está financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Novas

MERCADO DE NADAL EN GONDOMAR

Un ano máis, O Concello de Gondomar organiza o Mercado de Nadal os días 7 e 8 de decembro na Praza Paradela  Para solicitar a

Axenda

No event found!