A exposición titulada “A Casa de Galicia” estará ubicada na Praza Paradela ata finais deste mes de Marzo, e fai un repaso pola historia da Casa-Museo de Rosalía, que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración.

No acto de presentación estiveron presentes o Presidente da Fundación Rosalía Anxo Angueira, o alcalde Paco Ferreira e membros do goberno local.

Na súa intervención Anxo Angueria destacou que “a exposición esté ubicada nunha praza a da Paradela, que antigamente foi un mercado e que foi recuperada para a xente cando se reformou. Angueira tamén quixo destacar  “a vinculación de Rosalía de Castro con Gondomar que se reforzou coa magnifica praza recentemente inaugurada e que leva o seu nome”.

 

Pola súa banda o alcalde, Paco Ferreira quixo agradecer “que a fundación elixira Gondomar para esta mostra e un orgullo para Gondomar” ademais o rexedor local manifesotu que “hai que poñer en valor o gran traballo que fai a Fundación e o seu presidente, xa que grazas a eles conservamos e honramos a memoria da nosa poeta máis universal” Por último Ferreira anunciou que “a colaboración entre a Fundación Rosalía seguirá sendo constante e abordaremos outros proxectos conxuntos para seguir enxalzando a figura da nosa gran poeta”

 

 

Novas

Pasacalles de Papá Noel en Gondomar

O sábado 13 de decembro terá lugar o pasacalles de Papá Noel, con saída ás 17:00 h desde o Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda

Certame de Nadal de Corais

O vindeiro 14 de decembro, ás 19:00 horas, teremos en Gondomar unha tarde dedicada á música no Auditorio Lois Tobío co Certame de Nadal de

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Certame de Nadal de Corais

O vindeiro 14 de decembro, ás 19:00 horas, teremos en Gondomar unha tarde dedicada á música no Auditorio Lois Tobío co Certame de Nadal de

Leer más »