Tras a pausa da Semana Santa, o Auditorio Municipal retoma a súa actividade cultural cunha programación chea de humor e entretemento.
Este domingo teremos o pracer de gozar dun monólogo de Isi, “O 90% é verdade”, unha proposta fresca e divertida que promete arrincar máis dun sorriso. Ademais, o vindeiro día 19 contaremos coa actuación das monologuistas Arantxa Treus e Jazmín Abuín co espectáculo “MeigaGs”.
Todas as actuacións terán lugar ás 19:00 horas.
Dende o Concello animamos a veciños e visitantes a participar e gozar destas actividades culturais.
Agardámosvos no Auditorio Municipal!
Entradas dispoñibles na TAQUILLA DO CONCELLO.





