O Concello de Gondomar e o recentemente creado “Movemento Veciñal da Escola de San Cibrán”, na parroquia de Donas, asinarán un convenio polo cal o Concello cederá o uso das aulas da antiga escola para ás actividades organizadas por este colectivo.
O obxectivo do goberno local con esta cesión é o reforzo do tecido asociativo en todas as parroquias do municipio e potenciar as actividades culturais, deportivas, formativas e de ocio que esta asociación levarán a cabo.
O concello xa realizou algunhas melloras nas instalacións da antiga escola para que este movemento veciñal poida realizar as súas actividades nas mellores condicións, e proximamente se realizarán outras reformas no inmoble a través dunha subvención solicitada á Deputación de Pontevedra.
O alcalde Paco Ferreira quixo destacar que “é moi importante que dende a administración local se apoie o tecido asociativo da nosa vila, xa sexa no ámbito veciñal, cultural ou deportivo e impulsemos iniciativas tan positivas como a que están levando adiante neste caso veciñas como Mari e Rocío, ou moitas outras que levan años traballando para que este movemento veciñal poida ser xa unha realidade”.

Novas

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Axenda

Non se atopou ningún evento!
Cargar máis
Cultura

Noite de Estrelas en Gondomar

O vindeiro 8 de agosto ás 22:30 h, o Monte Galiñeiro converterase  nun observatorio natural para gozar novamente dunha noite de observación do ceo. Unha

Leer más »
Formación e emprego

Próximos cursos no Concello

En colaboración coa Cámara de Comercio e a Fundación Impulsarse , pomos en marcha duas actuacións formativas para dous grupos diferenciados de veciños de Gondomar:

Leer más »