O Concello de Gondomar a través dunha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra, enmarcada na liña 3 (Programa de activación do Emprego 2024) do Plan Máis Provincia, incorporará a 12 traballadoras e traballadores, que comenzarán dende abril ata decembro e reforzar así o Concello o seu cadro de persoal.

Das doce novas incorporacións, sete serán destinadas a reforzar  servizos varios e mantemento dos centros educativos. Tamén 1 condutor de camión, 1 palista, e 2 persoas para servizos de administración xeral.

Actualmente o concello encontrase realizando o proceso de selección dos candidatos e candidatas que foron preseleccionados polo servizo público de emprego.

O orzamento total para estas contratacións ascende a 217.126,76 euros dos que a Deputación achega 213.837,99 euros e o Concello de Gondomar 3.288,77 euros.

O alcalde Paco Ferreira quixo destacar que “con estas incorporacións, por unha banda damos unha oportunidade a persoas en situación de desemprego e por outra reforzamos os servizos de vías e obras e de mentemento dos centros educativos públicos, o que demostra a nosa firme aposta polo ensino público”

Novas

Miñorsons 2024

Arranca o  Miñorsons 2024 , festival de Músicas Tradicional do Mundo  do 7 ao 12 de novembro A súa cita en Gondomar será o sábado

Axenda

No event found!
Load More
Cultura

Miñorsons 2024

Arranca o  Miñorsons 2024 , festival de Músicas Tradicional do Mundo  do 7 ao 12 de novembro A súa cita en Gondomar será o sábado

Leer más »